A concellería de Deportes do Concello de Verín informa que o complexo deportivo de “A Granxa” reabre mañá as súas instalacións para o aluguer de pistas de tenis e pádel.
Para acceder ás pistas será necesario realizar a reserva antes das 12:00 m. do día anterior. A mesma formalizarase vía telefónica (988 411226) en horario de luns a venres de 09:00 a 12:00 horas.
O horario de apertura das instalacións será o seguinte:
• Mañá: 09:00 a 13:00 horas
• Tarde: 18:00 a 22:00 horas
As medidas establecidas de prevención e hixiene fronte á COVID-19 son as seguintes:
- Os usuarios deberán acudir á instalación 10 minutos antes da hora reservada para realizar o protocolo de hixiene previo á entrada á instalación.
- Para acceder á instalación é obrigatorio que usen mascarilla, deberán limparse as mans cunha solución desinfectante e terán que traer dobre calzado (un de rúa e outro para adestrar).
- Os deportistas terán que acudir á instalación coa súa roupa deportiva porque os vestiarios e baños do pavillón permanecerán pechados.
- Está prohibida a entrada con síntomas de febre e malestar respiratorio. |