Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A recadación da estrea de María Solinha no autocine de Verín será destinada íntegramente ás familias da comarca perxudicadas pola Covid-19
A recadación da estrea de María Solinha no autocine de Verín será destinada íntegramente ás familias da comarca perxudicadas pola Covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Xuño 2020 12:10

 O Concello de Verín destinará a recadación íntegra da estrea mundial de "María Solinha" do próximo domingo 21 de xuño no autocine da vila a fins solidarios, concretamente ao apoio ás familias con menos recursos trala crise sanitaria provocada pola Covid-19, a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas. A primera sesión do autocine de Verín celebrarase no parking central da vila.

A estrea mundial da última película do director galego Ignacio Vilar,  "María Solinha", servirá para inagurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en candaseu coche. As entradas poranse á venda próximamente en ataquilla.com e o prezo será de 8 euros, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.

A entrada ao parking central de Verín realizarase pola entrada da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos.

As prazas estarán delimitadas con número fixo e as rúas de cada fila demarcadas con señalización especial.

A recadación estará destinada íntegramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas ven realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria do Covid.

Menús autocine

Os hosteleiros de Verín servirán nesta sesión piloto os seus menús a través da app Rumbo Verín que teñen desenvolto cun servizo propio a domicilio. Dende ela, baixo reserva ou no momento, poderán solicitar o menú autocine ou acceder a carta completa que cada esablecimento teña na app, a través dun código Qr.

A gala de estrea precederá á proxección da película. Dende as 21.30 os actores e actrices e o director estarán presentes para realizar as sesións fotográficas co público, e a partir das 22.30 comezará a gala de inauguración. Ás 23:00 comezará a película propiamente dita.

Os asistentes poderán realizar os seus pedidos á hostelería local durante todo o tempo. Dende o Concello de Verín lembran que non se poderá aparcar no parking central dende o sábado 20 de xuño, data en que quedará acotada a zona para o autocine.

As entradas, numeradas e con reserva de espazo, poranse á venda en ataquilla.com ao longo desta semana. Os vehículos autorizados, por motivos de visibilidade entre filas, son só automóviles e 4x4, quedando exluidas furgonetas e autocaravanas.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>