Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín modifica a ordenanza do Conservatorio para viabilizar a implementación dos estudos profesionais de grao medio
O Concello de Verín modifica a ordenanza do Conservatorio para viabilizar a implementación dos estudos profesionais de grao medio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Xullo 2020 13:09

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

1.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA

27/12/2019

2. Expediente 2392/2020. Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos educativos no Conservatorio Elemental Municipal de Música

3. Expediente 2410/2020. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VERÍN E A ASOCIACIÓN CULTURAL AUDIOVISUAL VÍA XIV -FESTIVAL INTERNACIONAL CURTAMETRAXES 2020

4. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 29/11/2019 ATÉ O 23/01/2020, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

5.- INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

6.- ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos educativos no Conservatorio Elemental Municipal de Música. Este acordo foi aprobado por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.

Esta emenda parcial da ordenanza realízase tras  analizar o informe elaborado polo persoal do Negociado de Cultura coa colaboración do Conservatorio Elemental de Música de Verín cuxa finalidade é a reconversión do actual Conservatorio Elemental de Música nun Conservatorio de Grao medio ou profesional no que se implementarán os cursos do novo grao paulatinamente, curso por ano.

Diego Lourenzo quixo matizar que estes cambios apenas terán repercusión orzamentaria no orzamento aprobado por este Concello no ano 2.020, e sucesivos, nin apenas repercusión financeira ou económica.

Seguidamente o pleno acordou  -con 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular- aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Verín e a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV no que establécense as bases para  a realización do F.I.C. Vía XIV de Verín (Festival Internacional de Curtas) outorgando unha cooperación financeira municipal por importe de 50.000 euros.

Na súa IV Edición, o Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín chegou de forma directa a  3.360 persoas. Ás proxeccións no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura asistiron máis de 1.240 persoas. Tamén rexistraron unha gran afluencia de público o resto de actividades paralelas do Festival que xunto coas actividades infantís e as galas de apertura e final suman un total de 2.020 asistentes.

Lourenzo salientou a importancia deste certame como «elemento potenciador» da marca Verín. Na súa cuarta edición do FIC Vía XIV, celebrada no pasado mes de decembro, xerou un total de 115 impactos en medios cuxo valor global ascende a 471.328 euros con unha audiencia de 43.261.700 persoas. (Esta cantidade, que equivale ao valor publicitario das novas publicadas sobre o certame, reflíctese nun informe elaborado pola empresa Kantar Media e remitido á Dirección do Festival e o Concello de Verín.)

«E importante destacar tamén», explicou o tenente de alcalde,  «que na pasada edición o gasto realizado polo festival durante a preprodución e celebración do certame nas empresas, autónomos e traballadores locais contratados supuxo un retorno económico directo de 32.700 euros; así como que o fluxo económico xerado polos espectadores, técnicos, voluntarios e concursantes supuxo un notable incremento do consumo de bens e servizos na vila durante o Festival».

Finalmente o pleno deu conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 29/11/2019 até o 23/01/2020.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>