Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de preinscrición para o campamento do albergue de Vilariño de Conso
O Concello de Verín abre o prazo de preinscrición para o campamento do albergue de Vilariño de Conso PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xullo 2020 12:18

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organiza un campamento infantil que terá lugar no albergue de Vilariño de Conso. O obxectivo e fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente nos menores, valorizar a importancia da reciclaxe e promover a convivencia mediante actividades lúdicas e educativas como a Iniciación a canoa e ruta en canoa, tiro con arco, rappel, circuíto de orientación, sendeirismo, xogos deportivos e actividades de animación ou rutas BTT, entre outras.


O campamento, que terá lugar entre o 20 e o 26 de agosto, está enfocado aos menores con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos e terá  un total de 32 prazas.

O prazo de preinscrición comeza mañá 28 de xullo e as solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil. No caso de cubrirse as prazas correspondentes, abrirase posteriormente o prazo de inscrición . As cotas serán de 150 euros, para os menores empadroados no Concello de Verín e 170 euros para os non empadroados.

Manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese, seguro de responsabilidade civil e accidentes, atención sanitaria si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os xoves inscritos.

 

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>