Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello colabora na campaña de concienciación e formación sobre a reciclaxe implementada polo CDR Portas Abertas
O Concello colabora na campaña de concienciación e formación sobre a reciclaxe implementada polo CDR Portas Abertas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Agosto 2020 10:58

 No marco do programa de «Voluntariado Ambiental», o CDR Portas Abertas desenvolve esta iniciativa de concienciación e formación sobre a reciclaxe, en colaboración co Concello de Verín. Esta actividade consta duns paneis informativos, que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles informarase os cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado.

Desde o CDR Portas Abertas quixeron destacar que esta iniciativa busca conseguir que Verín sexa, coa colaboración de todos os cidadáns, un referente na xestión de residuos, contribuindo así o coidado e preservación do medio ambiente.

«O importante é que a xente se involucre no coidado do medio ambiente cun simple pero fundamental acto de separación de resíduos. Os 16 puntos limpos implementados ata hoxe polo grupo de goberno cambiaron radicalmente a imaxe de Verín. Ainda así,  é preciso que a xente se conciencie e separe como é debido para conseguir disminuir o máximo posible o impacto ecolóxico derivado da propia xeración de residuos urbana», explicou a concelleira de Desenvolvemmento Rural e Medio Ambiente, Purificación Caldelas.

Os paneis indican os residuos que se poden deixar en cada colector e cales non:

  • No iglú verde, botellas de vidro, tarros de alimentos e frascos de vidro, sempre sen tapón deben deixarse, mentres que obxectos de cristal non son adecuados para este punto de recollida.


  • No colector azul, destinado a papel e cartón, non deixaremos aqueles residuos que estén manchados de aceite ou restos orgánicos, mentres que as caixas, papel de xornal, papel de uso diario ou de envolver atopan no colector azul o seu lugar.


  • O colector amarelo adoita ser un dos que máis dúbidas pode xerar, polo que neste cartel queda claro que os envases metálicos, envases tipo brik, e os envases de plástico poden ser reciclados logo de ser depositados no colector amarelo. Pola contra outros obxectos que van no colector amarelo, poden ter outra vida se se deixan nos puntos adecuados, como puntos sigre, puntos limpos ou mesmo pode ser o propio fabricante que retire os residuos como no caso das cápsulas de café.


Se tes dúbidas sobre onde se recicla algún obxecto ou residuo, podes contactar co CDR Portas Abertas ou preguntar na área de medioambiente no teu concello.

E recorda que para facer un planeta máis sostible sempre podes aplicar a norma das tres RRR:

REDUCE, REUTILIZA e RECICLA


 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>