Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os lazanos apoian masivamente a estrea do documental Entroidar
Os lazanos apoian masivamente a estrea do documental Entroidar PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Setembro 2020 10:09

Con cheo total de aforo, e moito público procedente de Laza, o Auditorio de Verín acolleu este serán a estrea oficial do documental Entroidar, dirixido polo compostelán Pablo Ces. Un traballo que se centra en divulgar o carácter especial e a singularidade do Entroido lazano, “un  lugar no que este se vive case coma unha relixión”, segundo asegura Ces.

Tras a súa primeira visita a este Entroido, en 2018, o director da obra quedou impresionado pola autenticidade da festa e decidiuse a filmar un documental de índole etnográfica, que agarda poida ter percorrido “en diferentes festivais”.

Piares

Entroidar é un documental que se sostén sobre varios piares fundamentais: as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se fai e a propia celebración. Tal como destacou o director, o documental busca desbotar mitos e quere achegar unha ollada a “como se transforman as persoas que están detrás das personaxes do Entroido de Laza”.

Durante a pasada edición do FIC Vía XIV, celebrada en 2019, exhibiuse un avance deste documental e celebrouse un coloquio posterior no que participou o seu director, Pablo Ces. Cunha dilatada traxectoria no eido audiovisual, Ces conta cun premio Mestre Mateo, que obtivo en 2011 polo documental As silenciadas.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>