Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV de Verín atraeu novo público e colgou o cartel de completo en seis sesións diferentes
O FIC Vía XIV de Verín atraeu novo público e colgou o cartel de completo en seis sesións diferentes PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Setembro 2020 17:55

 O cambio de datas do Festival Internacional de Curtas de Verín -que adoitaba celebrarse en decembro- foi, segundo o director do certame -Carlos Montero- “moi exitoso e favorable para atraer novo público ás diferentes proxeccións e actividades paralelas propostas, que tiveron un  marcado carácter local”. Ata en “seis ocasións durante a semana”, tal e como sinala Montero, “se colgou o cartel de completo”.

Particularmente populosas foron as estreas, en primicia en Verín, dos documentais “Entroidar” e “Hijas de Galicia, Macorinas”.

 

Máis de 1.100 participantes

En total, máis de 860 persoas (un 40% máis que en 2019) participaron nas actividades paralelas propostas e a cifra global de asistentes, contando as persoas que visionaron as curtas (tamén na pantalla instalada en García Barbón e a través de streaming), supera as 1.100.

 

Aínda así, por mor da pandemia, non se puido nesta ocasión desenvolver a actividade Cinema Marabillas, orientada aos cativos e cativas. A organización do certame, segundo expresa Montero, “confía en poder retomar a actividade o vindeiro mes de decembro, no propio Auditorio de Verín, sempre e cando as circunstancias sociosanitarias o permitan”.

 

Sexta edición

“Os datos avalan o éxito e a consolidación do FIC na axenda cultural de Verín”, abondou Carlos Montero, quen sinala tamén que dende xa comezarase a pensar “en como articular a sexta edición do certame”, que se celebrará en 2021.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>