Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra o acto/coloquio solidario “Apartados… al lado” do artista Fernando Barreira.
Verín celebra o acto/coloquio solidario “Apartados… al lado” do artista Fernando Barreira. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Setembro 2020 13:08

Apartados Este xoves, 17 de setembro, tivo lugar no Auditorio Municipal de Verín o acto/coloquio solidario “Apartados... al lado”, unha gala organizada polo artista verinense Fernando Barreira na que se levou a cabo un coloquio e a entrega de cinco óleos, pintados polo propio Barreira, cuxos beneficios foron doados en favor da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e da área de Servizos Socias de Verín.


O acto contou coa colaboración de Edelmiro Mateo e Isabel Risco, e a participación de Enma Veiga, David Rodríguez Rivada, Manuel Alfonso, Javier Cid Domínguez, Eugenio Quintas Alborés e Diego Lourenzo Moura, ademais do propio Barreira.

Baixo o nome de “Apartados... al lado”, o artista verinense Fernando Barreira Mateo traballou durante o Estado de Alarma nunha serie de cinco lenzos (50x50), que foron poxados durante o confinamento. A finalidade deste traballo foi recadar fondos de maneira totalmente altruísta para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e a área de Servizos Sociais da mesma entidade pública.

Na gala entregábanse ditas obras e culminábase así este proxecto cun coloquio no que os colaboradores puxeron en común, dende as súas perspectivas persoais e profesionais, cales son, ou poden ser, as principais claves que axudan a comprender a configuración da sociedade actual e os seus cambios debido á situación sanitaria nestes tempos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>