Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN: Medidas específicas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19.
ACTUALIZACIÓN: Medidas específicas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Outubro 2020 14:26

 O Concello de Verín anuncia o mantemento das súa medidas de prevención específicas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición a ditos riscos.



  • Peche do Museo Claustro Mercedario.
  • A actividade na Biblioteca Pública Municipal de Verín continúa limitada ao servizo de préstamo.
  • Quedan adiados os eventos culturais que estaban programados nas instalacións do Auditorio Municipal de Verín.
  • Precintados os parques municipais, incluíndo o recinto do Skatepark.
  • Suspensión das feiras ordinarias.

 Ditas decisións tómanse seguindo as indicacións expostas na ORDE do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín, que suma as medidas xa instauradas a prohibición das xuntanzas de persoas non convivintes.

Estas medidas serán reavaliadas en función da evolución da situación epidemiolóxica nomunicipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade

Podes ampliar información sobre o resto de medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para o noso concello no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201007/2449/AnuncioC3K1-071020-5_gl.html


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>