Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acordo entre a hostalería e o Concello de Verín para o cierre das instalacións de bares e terrazas durante dez días
Acordo entre a hostalería e o Concello de Verín para o cierre das instalacións de bares e terrazas durante dez días PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Outubro 2020 12:30

 O  Concello de Verín vén de alcanzar un acordo cos representantes dos hostaleiros de Verín para pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos  ocasionados a estes negocios.



Esta medida, de carácter voluntario, tómase á  vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 74 casos activos. Se se fai unha comparación, Verín estaría a roldar os 540 casos por cada 100.000 habitantes. A medida foi sometida a debate polos representantes da hostaleira, que ante a necesidade e pertinencia da medida impulsada dende o Concello de Verín, aprobárona cun amplo consenso.

É necesario matizar que, aínda que os restaurantes permanecerán abertos, as terrazas e os bares dos mesmos  estarán pechadas.

Así mesmo, e coa finalidade de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un  cribado por  PCR a todos os traballadores de devanditos establecementos.

Esta medida estará  vixente desde  mañá martes 13 de  outubro,  ás 20:00 horas, ata ou  vindeiro  xoves  22  do  mesmo mes.

No pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Verín darase conta desta nova medida.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>