Logo da reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica no noso municipio, acordouse elevar a nivel 3 as restricións no Concello de Verín.
As restricións impostas a Verín (que entrarán en vigor a partir do xoves as 00:00 horas) son as mesmas que xa están en vigor noutras localidades galegas.
Manteñense as restricións en canto a:
- Prohibición das xuntanzas de persoas non convivintes, tanto en espazos de uso público como en espazos privados.
- Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.
- Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto
Novas restricións:
Prohibido Servir en interior de bares e cafeterías. (En Verín non está dispoñible tampouco o servizo en terraza)
Máximo 5 persoas por mesa en restaurantes, e só conviventes.
IMPORTANTE: No Concello de Verín NON existe ningún tipo de restricción de mobilidade.
Consulta todas as medidas no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro: https://cutt.ly/ygdYukg Neste documento explican que en #Verín débense aplicar as medidas do Anexo II da publicación do DOG do día 7 de outubro: https://cutt.ly/5gdMwxT Estas medidas serán reavaliadas en función da evolución da situación epidemiolóxica nomunicipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas. Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.
#FainoPorTi #fainoportodos
Lembra a norma das 3 M
Máscara
Mans limpas
Manter a distancia de seguridade
|