Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería polo peche voluntario de bares e terrazas, destinado a conter a propagación da COVID-19
Aberto o prazo para solicitar as axudas a hostalería polo peche voluntario de bares e terrazas, destinado a conter a propagación da COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Outubro 2020 12:38

O Concello de Verín abriu este xoves o prazo para solicitar as axudas dirixidas ás empresas de hostalería, adheridas ao peche voluntario de bares e terrazas, que se prolongará do 13 ao 22 de outubro, e que ten como finalidade conter a propagación da COVID-19 no  concello.




QUEN É BENEFICIARIO?

Poderán  ser  beneficiarios  destas  axudas  os  traballadores  autónomos  e empresarios  que  exerzan  a  súa  actividade  económica  como  café-bar  no Concello de Verín e que se visen afectados pola crise derivada da COVID19.

Para estes efectos consideraranse beneficiarios as persoas físicas que sexan titulares  dun  cafe-bar  no Concello  de  Verín  e  que  cumpran  os  seguintes requisitos:

 

a)     Ser traballadores autónomos, incluídos no réxime especial de traballadores autónomos. Entenderanse incluídos todos os traballadores aos que se refire o artigo 1 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, coa excepción dos autónomos colaboradores (cónxuxe ou familiares ata o segundo grado de consanguinidade, afinidade ou adopción que convivan co traballador autónomo titular da actividade económica, realicen traballos retribuídos e non teñan a consideración de traballadores por conta allea) 

b)     Atoparse de alta no correspondente réxime de Seguridade Social.

c)     Recibo do lixo do ano en curso que demostre que o local está activo.

d)     Ter cesado a súa actividade conforme ao acordo consensuado adoptado polos hostaleiros de Verín a partir do 13 de outubro de 2020 ás 20:00h.


Para  estes  efectos  consideraranse  beneficiarios  as  persoas  xurídicas  que sexan titulares dun café-bar no Concello de Verín e que cumpran os seguintes requisitos: 

a. Ser sociedades legalmente constituídas.

b. Recibo do lixo do ano en curso que demostre que o local está activo a nome da Sociedade.

c. Ter cesado a súa actividade conforme ao acordo consensuado adoptado polos hostaleiros de Verín a partir do 13 de outubro de 2020 ás 20:00h

 

As axudas económicas constan de dous importes a percibir en dous períodos de tempo diferenciados:

  • Por unha parte, un Anticipo fixo de 300 euros: que poderá solicitarse dende o xoves 15 de outubro de 2020 ata o 31 de outubro de 2020.
  • Por outra parte, un Importe  económico  variable  prorrateado en  base  aos  gastos  fixos  do establecemento durante o período de peche (alugueiro ou hipoteca, salarios, seguridade social e subministros). Estes deberán solicitarse a partir da data na que finaliza a medida (venres 23 de outubro de 2020) e ata 23 de decembro de 2020.

 

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR?

Anticipo fixo de 300 euros en concepto de perdas ocasionadas pola adopción do peche voluntario

As persoas interesadas deben cubrir un modelo  de  solicitude,  que  estará  á  súa  disposición  no  Concello,  xunto  ca seguinte documentación:

 

  • Recibo do lixo do ano en curso ou liquidación de Facenda do último trimestre, para comprobación de negocio en activo.
  • Declaración responsable de peche do establecemento e de cumprimento dos requisitos para ser beneficiario da subvención.
  • Número de conta.
  • Relación de datos dos traballadores (nome, apelidos, DNI e teléfono) para a realización da PCR.
  • Todos os formularios estarán á disposición dos interesados no rexistro da Casa do Concello.

Importe   económico  variable   prorrateado  en   base   os gastos  fixos  do  establecemento  durante   o  período  de peche.

  • Contrato de alugueiro ou hipoteca do mes de outubro
  • Nóminas dos traballadores afectos á actividade no mes de outubro - Recibo de autónomo do mes de outubro
  • TC da Seguridade Social dos traballadores afectos á actividade
  • Facturas de subministros (auga e luz) do mes de outubro.

 

COMO PRESENTO A DOCUMENTACIÓN?

Todas as solicitudes serán rexistradas na Casa do Concello (entrada á man dereita).

A presentación  poderá  realizarse  de  modo  presencial  ou  telemático,  neste ultimo   caso   a   través   da   sede   electrónica   do   Concello   de   Verín (http://verin.sedelectronica.gal)

Así mesmo, para a concesión do anticipo será necesaria a presentación dunha declaración  responsable  de  peche.  No  caso  de que  durante  o  período estipulado, o establecemento non cumpra as condicións de peche continuado, terá que reintegrar o importe do anticipo e non terá dereito á concesión do segundo importe.

Para a concesión do importe económico variable, os funcionarios comprobarán que houbo resolución favorable para a concesión do anticipo. Do mesmo xeito, solicitarase á Policía Local informe que certifique o peche do establecemento durante o período estipulado.


DESCARGA AQUÍ OS MODELOS DE SOLICITUDE


DESCARGA AQUÍ AS BASES DAS AXUDAS


 

 

 

 

 

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>