Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ORDE DOG 21 DE OUTUBRO | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Verín
ORDE DOG 21 DE OUTUBRO | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Outubro 2020 10:08

 A Consellería de Sanidade vén de publicar a ORDE do 21 de outubro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Verín.

Como xa adiantaba onte a administración autonómica nun comunicado oficial, limítase a entrada e a saída de persoasdo ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oimbra e Vilardevós, agás para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros que non poidan aprazarse.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

* IMPORTANTE:

  • A circulación polas estradas e vías que transcorran ou atravesen os ámbitos territoriais delimitados será posible sempre e cando teña a súa orixe e destino fóra deles. 

Ademais, entre outras restricións, continúan vixentes: 

  •  Limitación os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

 

  • Peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

 

  • Limitación dos aforos ao 50 % nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra.

 

  • Máximo 5 persoas por mesa en restaurantes, e só conviventes.

 

  • Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

 

  • Prohibición de  servir en interior de bares e cafeterías. (En Verín non está dispoñible tampouco o servizo en terraza).

 

Consulta o resto das limitacións específicas de capacidade e outras para determinados sectores de actividade na ORDE do 21 de outubro de 2020 do DOG (Anexo I).

 

Estas medidas serán revalidas dentro de 14 días en función da evolución da situación epidemiolóxica no municipio.

 

Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

 

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

 

#FainoPorTi #fainoportodos

 

Lembra a norma das 3 M

 Máscara

 Mans limpas

 Manter a distancia de seguridade

 

 

 

 

 

 

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>