Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín
ACTUALIZACIÓN | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Novembro 2020 12:47

 A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar a ORDE do 4 de novembro de 2020 e o Decreto 179/2020, documentos que explican as medidas de prevención adoptadas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.


  • As restricións aplicaranse, de momento, durante un mes, a partir do sábado 7 de novembro ás 00,00 horas.
  • Queda  restrinxida a entrada e a  saída de  persoas  do ámbito territorial  doConcello de Verín, salvo por motivos xustificados.
  • Restrínxense as actividades non esenciais.
  • Pecha a hostalería a excepción do servizo a domicilio e para levar.
  • Reunións sociais limitadas a só conviventes, sen límite de persoas.
  • Seguen permitidos os movementos laborais, educativos, de coidados e sanitarios fora do Concello de Verín
  • Para non federados, A práctica de deporte queda restrinxida ao exercicio individual ou con conviventes
  • Cinemas, teatros, auditorios reducen o seu aforo a 30 persoas en interior e 75 en exterior.


É importante deixar claro que non hai confinamento domiciliario. É dicir, podes  saír de casa con total liberdade, sempre baixo o criterio das normas vixentes de mobilidade e reunión.

Consulta todas as medidas no DOG:

Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara

Mans limpas

Manter a distancia de seguridade

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>