Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín cofinancia para escolares unha acción de concienciación sobre a hixiene fronte a COVID-19
O Concello de Verín cofinancia para escolares unha acción de concienciación sobre a hixiene fronte a COVID-19 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Novembro 2020 12:47

 O Concello de Verín copatrocinará unha acción de concienciación sobre a hixiene fronte á COVID-19 para o alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros públicos, concertados ou privados do municipio que se queiran acoller.

Con metodoloxías pedagóxicas innovadoras, esta acción tratará de reforzar a conciencia da importancia da hixiene persoal na prevención fronte á transmisión de enfermidades infecto-contaxiosas, como a COVID-19. A través da participación en diversos experimentos, o alumnado formaranse no coñecemento do mundo microscópico e no funcionamento do sistema inmunolóxico, e verán en acción ao xabón e a outros desinfectantes de acción viricida. Tamén, servirá para que coñezan as dúas hipóteses máis salientábeis sobre a orixe da COVID-19 ou como se fai un test de anticorpos, a través dun experimento de cromatografía caseira con alcol e rotuladores.

O obxectivo desta acción é dobre. Por unha parte, trátase de que o alumnado obteña conciencia plena da importancia da hixiene persoal (boca, nariz e mans) na transmisión das doenzas infecto-contaxiosas. Por outra, que comprendan e integren no seu día a día as medidas de protección establecidas polas autoridades sanitarias e civís.

A acción desenvolveraa, en cada unha das aulas dos centros que participen, Fátima Fernández, experta en educación en saúde, licenciada en Farmacia, Enxeñeira Técnica Agrícola, Máster en Saúde Internacional de Cooperación e Máster en Profesorado de ESO e Bacharelato.

Para a concelleira de Educación e Cultura, Emilia Somoza, “Paréceme que é unha magnífica oportunidade para que unha parte importante da nosa xente moza adquira ou reforce formación en saúde. Espero que a proposta sexa ben acollida e que sirva para que o alumnado de ensino medio da nosa comarca pase a liderar no seu ámbito familiar ou de amizades a prevención á COVID-19 e a outras doenzas contaxiosas.”

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>