Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín recibe unha doazón anónima de 571 negativos fotográficos antigos
A Biblioteca de Verín recibe unha doazón anónima de 571 negativos fotográficos antigos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Novembro 2020 12:52

 A Biblioteca do Concello de Verín vén de recibir unha  doazón anónima dun total de 571 negativos antigos. As fotografías móstrannos unha infinidade de historias e  imaxes cotiás, todas elas transcorridas na comarca de Verín entre os anos 30 e 40.

En total son 36 sobres doados que suman 571 negativos. O seu estado de conservación é moi diferente, dado que algúns deles están en perfecto estado mentres outros teñen difícil arranxo.

Doazón anónima

Nestes momentos, os responsables da Biblioteca encóntranse en proceso de dixitalización e salvagarda do material,  realizando xa varias probas de limpeza de negativos, con resultados moi interesantes, en colaboración coa foto reporteira (xa xubilada) Flor Fernández, amiga e colaboradora habitual da Biblioteca de Verín.

Os estudos de fotografía responsables dos revelados dos negativos son, a maioría, de Ourense e en moitos deles non consta o nome do propietarios.

Segundo destacaron desde a dirección da Biblioteca, «esta doazón supón unha importantísima aportación aos Fondos Locais das nosas instalacións».

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>