Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O escritor servoirés Francisco Xavier Pérez Álvarez doará os beneficios do seu libro “Lembranzas dun vagalume” a Cáritas
O escritor servoirés Francisco Xavier Pérez Álvarez doará os beneficios do seu libro “Lembranzas dun vagalume” a Cáritas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Decembro 2020 13:00

 O escritor Francisco Xavier Pérez Álvarez, natural de Servoi  (Castelo do Val),  doará os beneficios do seu libro “Lembranzas dun  vagalume” á organización Cáritas. O seu obxectivo é claro «contribuír humildemente» a paliar os efectos negativos que está a ocasionar a pandemia ocasionada pola COVID-19. Os exemplares da obra, que será presentada proximamente na Biblioteca Municipal de Verín, están xa á venda na Imprenta Monterrei.

«O libriño, como ben reflicte o título, é un conxunto de memorias que, a través da voz luminosa dun narrador imaxinario, un vagalume, vai vertendo luz nas páxinas do pasado a vida e a obra de dous personaxes baixo os que se agochan as figuras de dous seres queridos. Baixo a morna luz que alumean estas liñas, hai un nobre e sinceiro intento de reivindicar o valor dunha forma de vida ancestral que pouquiño a pouco desaparece e un anhelo de magnificar o papel das lembranzas e os vimbios da tradición dos que estamos feitos e que sempre nos precede. Como dicía Sábato: “vivir consiste en construír futuros recordos».

Francisco Xavier Pérez Álvarez.

1969. Servoi (Castrelo do Val). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade De Santiago de Compostela, traballou como bolseiro no Instituto da Lingua Galega no que colaborou nunha redacción do IV volume do Atlas Lingüístico de Galicia, Léxico. Asimesmo, tamén participou na publicación en revistas de pensamento crítico como A Trabe de Ouro ou Cadernos de Lingua, así como é autor dunha presentación sobre dialectoloxía no I Congreso Internacional de Lingua Galega que tivo lugar na cidade do Apóstol en 1996.

 
EBC


Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>