Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ACTUALIZACIÓN COVID-19|| A Xunta de Galicia eleva a todos os concellos ao nivel extremo de restricións
ACTUALIZACIÓN COVID-19|| A Xunta de Galicia eleva a todos os concellos ao nivel extremo de restricións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Xaneiro 2021 17:48

 En vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, o comité clínico da Xunta de Galicia hoxe decidiu elevar a totalidade de concellos de Galicia a un nivel extremo de restricións que busca reducir ao mínimo a interacción social.

Estas restricións estarán vixentes, como mínimo, durante tres semanas: desde a medianoite de mañá martes ao mércores ata o 17 de febrero ás 00:00 horas:

  • Interaccións sociais limitadas a convivintes, agás nas actividades xustificadas..
  • Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente).
  • Toque de queda: 22,00 ata as 6:00 horas.
  • Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laboráis.
  • Deporte restrinxido as actividades de forma individual  ao aire libre, no propio concello  e SEMPRE con máscara. Tamén pechan os ximnasios.
  • Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos.


Actividades esenciais permitidas (*con condicionantes).

  • Sanidade.
  • Educación.
  • Coidado de maiores e menores.
  • Traballo.
  • Comercio.


* Condicionantes.

  • Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.
  • As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro  e de 8 a 17 de febreiro serán en liña.
  • Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc.

  • Comercio non esencial: aberto ata as 18,00 horas.
  • Centros comerciais: pechados a fin de semana.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>