Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín activa un protocolo de atención ao público con medidas de prevención ante a Covid-19
O Concello de Verín activa un protocolo de atención ao público con medidas de prevención ante a Covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Xaneiro 2021 15:07

 O Concello de Verín activa mañá un protocolo de medidas destinadas a limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade dos veciños e veciñas da vila coa finalidade de  previr a expansión da Covid-19. Esta normativa estará vixente nas instalacións que continúan abertas: a Casa do Concello, a sede de Servizos Sociais e a oficina da  Policía Local.

En devandito protocolo incorpóranse en todo momento as recomendacións de actuación establecidas pola autoridade sanitaria competente, neste caso a consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, así como as seguintes medidas específicas estipuladas polo Concello de Verín: 

  • Quedan abertas vía telefónica ou telemática todas as consultas. No caso de que calquera veciño ou veciña considere que debe ser atendido presencialmente nalgunha das instalacións nomeadas anteriormente, ten que chamar por teléfono (988 410 000) para solicitar unha cita.
  • O funcionario ou persoal da instalación valorará a urxencia ou necesidade improrrogable da consulta presencial, de ser así establecerá unha cita con día e hora.
  • O veciño ou veciña persoarase na instalación municipal como máximo con 5 minutos de antelación á cita. Na porta haberá estará presente un control de acceso que comprobará se existe cita nunha listaxe elaborada por cada servizo diariamente. No caso de non ter solicitado cita, non será atendido.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>