Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na primeira das sete videoconferencia temáticas programadas pola Biblioteca
Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na primeira das sete videoconferencia temáticas programadas pola Biblioteca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Febreiro 2021 12:27

 Onte pola mañá, a Biblioteca do Concello de Verín presentou a primeira das súas sete videoconferencias temáticas: “Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe” de Miguel Losada, escritor, antropólogo e secretario da Soc. Antropolóxica Galega.

Na mesma participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR  María Inmaculada. A charla estará a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas Videoconferencias temáticas

3 Marzo: Toti Martínez de Lezea (Escritora): "O outro Camiño de Santiago". Análise de como era realmente o Camiño de Santiago dende antigo, antes da súa maior difusión pola relixión cristiá.

7 Abril: Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas (Profesora USC, Biógrafa de Xela Arias e crítica literaria): "Letras Galegas 2021: Xela Arias".

30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".

Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).

Visitas virtuais á Biblioteca para os centros escolares

Ademais destas conferencias temáticas, os responsables da Biblioteca Municipal tamén ofrecerán aos centros escolares verineses a posibilidade de realizar unha visita guiada polas súas instalacións, explicando os fondos cos que contan así coma os distintos traballos e o valor que teñen as Biblioteca na vida das persoas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>