Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín chama á responsabilidade cun mural xigante que pon ao Entroido en "pause"
O Concello de Verín chama á responsabilidade cun mural xigante que pon ao Entroido en "pause" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Febreiro 2021 13:53

 «A nosa responsabilidade colectiva debe poñernos en “pause” este Entroido». Con esta mensaxe, contida nun mural xigante que ven de ser colocado na praza García Barbón da vila do Támega,  o Concello de Verín quere enviar a todos os seus veciños e veciñas unha mensaxe de esperanza, de confianza no futuro e de paciencia e contención nas presentes datas, por mor da pandemia.

«Pause non é stop», indican desde o consistorio, «senón agardar, reservar, aplazar, postergar, demorar, prorrogar, pero en ningún caso abandonar». As circunstancias presentes aconsellan «facer da paciencia máis virtude ca nunca», e procurar xeitos simbólicos de lembrar o noso maior patrimonio cultural, "que nestas datas ten que pasar por permanecer en pause».

A diferencia doutras épocas históricas,  nas que a rebeldía e a trangresión «foron en si mesmas o xeito de manter vivo o Entroido», nas presentes circunstancias «a mellor homenaxe que se lle pode facer á nosa celebración máis querida é cumplir coas normas sanitarias».

A colocación dun cigarrón xigante na praza García Barbón, escenario central de tantas e tantas celebracións no Entroido, punto de concentración de milleiros de persoas de xeito continuado desde hoxe ata o mércores de cinsa «quere simbolizar, coa presencia da figura central do noso querido ciclo festivo, que todos estamos alí, aínda que cada un desde o noso corazón, cumprindo coa nosa responsabilidade para voltar con máis forza cando sexa posible. O entroido só está en “pause”, nunca en off».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>