Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Comeza a vacinación das traballadoras do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín
Comeza a vacinación das traballadoras do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Febreiro 2021 13:21

 As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do  Concello de Verín comezan hoxe a recibir a vacina contra a Covid-19 no Hospital comarcal do Verín. Este servizo municipal conta a día de hoxe cun total de 46 traballadoras, que atenden a un total de 104 persoas.

Segundo quixo destacar Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, «Esta é unha gran noticia para todos os usuarios e usuarias e familiares, que se sentirán máis seguros nos seus domicilios, pero tamén par as nosas auxiliares. Non debemos esquecer que, do mesmo xeito que moitos outros traballadores sociosanitarios, estas auxiliares atópanse en primeira liña de guerra, expoñéndose a diario a un posible contaxio por Covid-19». Rodríguez, quixo lembrar tamén que, desde o comezo da plan de vacinación en persoas de riesgo por parte da Xunta de Galicia, xa fora solicitado polo grupo de goberno a inclusión destas traballadoras «no menor tempo posible».

«Confío en que a Consellería de  Sanidade continúe nesta liña de vacinación co resto de persoal municipal: Policía local, protección civil, así como o resto de servizos municipais que teñen contacto directo coa cidadanía», recalcou Rodríguez.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>