Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aprobación prezos públicos para o programa de actividades deportivas 2008
Aprobación prezos públicos para o programa de actividades deportivas 2008 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xuño 2008 12:15
Visto que, por acordo do Pleno deste Concello, delegouse a competencia para a fixación das tarifas dos prezos públicos na Xunta de Goberno Local, e tendo en conta o dictámen favorable da Comisión Informativa Especial de Contas e de Economía, Facenda e Patrimonio.

Vista a proposta de tarifas efectuada pola Oficina Municipal de Información de Mocidade e Consumo, así como o informe favorable da Intervención municipal;

De conformidade coa normativa aplicable contida nos artigos 41 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e 24 e seguintes da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos;

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos presentes, adopta o seguinte ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar o proxecto de organización, o orzamento e as bases da actividade denominada "Programa deportivo verán 2008", coas seguintes actividades:

1. Escolas Deportivas de Verán.
a). Duración: Prolongarase desde o día 25 de Xuño ao día 29 de Agosto do presente ano.
b). Prazas dispoñibles: 175 (con grupos mixtos os luns, mércores e venres de 10.30 a 13.30 horas e con grupos de fútbol sala os martes e xoves de 10.00 a 14.00 horas).
c). Persoal adscrito: 6 monitores.
d). Idades: de 4 a 15 anos cumpridos.

2. Carreira Popular Escolar.
a). Duración: día 27 de Xuño do 2.008.
b). Prazas dispoñibles: ilimitadas.
c). Persoal adscrito: 6 monitores, 6 protección civil, 2 cruz vermella, 2 policía local.
d). Idades: Sen límite de idade.

3. Basket and English.
a). Duración: Prolongarase desde o día 1 de Xullo ao día 17 de Xullo do presente ano.
b). Prazas dispoñibles: 32 (distribuídas en dous grupos de 16).
c). Persoal adscrito: 1 monitor.
d). Idades: Primaria e Secundaria.

4. Excursión Aquapark de Cerceda.
a). Duración: día 17 de Xullo do 2.008.
b). Prazas dispoñibles: 46.
c). Persoal adscrito: 4 monitores.
d). Idades: de 7 a 14 anos cumpridos.

5. Campamento Xogocoruña.
a). Duración: Prolongarase desde o día 22 de Xullo ao día 24 de Xullo do presente ano.
b). Prazas dispoñibles: 30 nenos.
c). Persoal adscrito: 3 monitores.
d). Idades: de 9 a 14 anos cumpridos.

6. Excursión Bracalandia.
a). Duración: día 5 de Agosto do 2.008.
b). Prazas dispoñibles: 46.
c). Persoal adscrito: 4 monitores.
d). Idades: de 7 a 14 anos cumpridos.

7. Semana do Deporte na Rúa.
a). Duración: Prolongarase desde o día 11 de Agosto ao día 15 de Agosto do presente ano.
b). Prazas dispoñibles: ilimitadas.
c). Persoal adscrito: 4 monitores (un para cada especialidade ou modalidade deportiva).
d). Idades: Sen límite de idade.

8. Campamento Ludomadrid.
a). Duración: Prolongarase desde o día 19 de Agosto ao día 21 de Agosto do presente ano.
b). Prazas dispoñibles: 30.
c). Persoal adscrito: 3 monitores.
d). Idades: de 9 a 14 anos cumpridos.

BASES ORGANIZATIVAS COMúNS A TODAS As ACTIVIDADES:
a). Duración e horarios: As actividades poderán ser cambiadas de datas e horas por necesidades da organización, previa comunicación aos participantes xa inscritos.
b). Inscrición: Inscrición dos participantes por rigorosa orde temporal de presentación das solicitudes, con preferencia para os nenos que soliciten a inscrición durante toda a duración do servizo.
c). Requisitos de inscrición: Haberá de facerse constar o nome, apelidos, N.I.F. e teléfono de contacto do pai, titor, guardador ou representante legal do menor de idade, así como do menor de idade que gozará do servizo, achegando xustificante de pago da inscrición.
d). Persoal adscrito: poderá variar en función das necesidades e número de nenos inscrito.
e). Renuncia de prazas: no suposto de renuncia unha vez iniciada a prestación do servizo, porase en coñecemento este feito por teléfono ao seguinte solicitante en lista, segundo orde temporal de prestación de solicitudes, para exercer o seu dereito a reserva de praza se o estima oportuno, e así sucesivamente até cubrir a totalidade das prazas vacantes.

SEGUNDO.- Acordar a fixación das seguintes condicións económicas para a prestación do servizo:

1. Escolas Deportivas de Verán.
Aquelas taxas establecidas na Ordenanza Fiscal pola que se regula a Taxa pola Prestación de Servizos en Instalacións Deportivas de titularidade municipal.

2. Carreira Popular Escolar.
Actividade gratuíta de carácter popular e libre participación.

3. Basket and English. Tarifas:
- Inscrición para abonados da Piscina Climatizada Municipal: 25,00 euros.
- Inscrición para non abonados da Piscina Climatizada Municipal: 30,00 euros.

4. Excursión Aquapark de Cerceda.
- Inscrición para abonados da Piscina Climatizada Municipal: 12,00 euros.
- Inscrición para non abonados da Piscina Climatizada Municipal: 15,00 euros.

5. Campamento Xogocoruña.
- Inscrición para abonados da Piscina Climatizada Municipal: 60,00 euros.
- Inscrición para non abonados da Piscina Climatizada Municipal: 66,00 euros.

6. Excursión Bracalandia.
- Inscrición para abonados da Piscina Climatizada Municipal: 12,00 euros.
- Inscrición para non abonados da Piscina Climatizada Municipal: 15,00 euros.

7. Semana do Deporte na Rúa.
Actividade gratuíta de carácter popular e libre participación.

8. Campamento Ludomadrid.
- Inscrición para abonados da Piscina Climatizada Municipal: 75,00 euros.
- Inscrición para non abonados da Piscina Climatizada Municipal: 82,00 euros.

CONDICIóNS ECONÓMICAS COMúNS A TODAS As ACTIVIDADES:
a). Obrigados ao pago: Pais, titores, guardadores ou representantes legais do menor de idade, presumíndose para todos os efectos que reúnen esta condición quen solicitan a prestación do servizo.
b). Momento do pago:
- Esixirase a anticipación ou depósito previo da totalidade do importe en concepto de reserva de praza e, como máximo, no momento de iniciarse a prestación do servizo.
- Queda prohibida a iniciación da prestación do servizo sen haberse abonado as tarifas correspondentes.
c). Medio de pago: haberá de realizarse en efectivo nas dependencias da Piscina Climatizada Municipal.
d). Devolución:
- Procederá cando o servizo ou actividade non se preste por causa non imputable ao obrigado ao pago, podendo deducirse a contía proporcional ao tempo de prestación efectiva do servizo.
- En caso de renuncia do inscrito posterior á iniciación do servizo, non se devolverán aquelas cantidades que non poidan ser cubertas mediante o pago da tarifa derivada do aproveitamento da praza vacante por un novo usuario.

TERCEIRO.- Ordenar a realización de todas as actuacións que resulten necesarias para o financiamento dos gastos de organización e para dar efectividade ás previsións de ingresos, asumindo este Concello a parte dos gastos non cuberta, de conformidade co orzamento elaborado, até o límite máximo consignado no Orzamento Xeral deste Concello para devandita finalidade, con cargo á partida 60.452.226.091 no suposto de actividades das Escolas Deportivas Municipais e con cargo á partida 60.452.226.092 no suposto do resto das actividades deportivas previstas.
No caso de que a consignación orzamentaria resulte insuficiente, sen que exista financiamento adicional, en forma de subvencións ou achegas doutras Entidades públicas ou privadas, previstas para o presente exercicio, autorízase a iniciación de expediente de modificación orzamentaria con cargo ao crédito destinado a subvencións para o fomento do deporte no Orzamento Xeral vixente ao final do exercicio.

CUARTO.- Comunicar o contido desta resolución aos servizos económicos municipais, para o seu control e fiscalización, e ao Servizo Municipal de Deportes, para o seu adecuado coñecemento, cumprimento e efectos.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>