Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo para a recepción de curtametraxes de cara á VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na segunda semana de setembro por segundo ano consecutivo
Aberto o prazo para a recepción de curtametraxes de cara á VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na segunda semana de setembro por segundo ano consecutivo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Marzo 2021 13:35

 A maxia do cinema volverá a Verín da man dun dos certames culturais máis consolidados na axenda cultural da vila, o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV. A súa sexta edición está previsto que se celebre nas mesmas datas do ano  pasado, na segunda semana de setembro, “sempre e cando as condicións sociosanitarias así o permitan”, aclara Carlos Montero, director do certame.

Hoxe publícanse as bases desta nova edición na páxina web do FIC (ficviaxiv.com) e ábrese o prazo para que a organización reciba novas candidaturas que, coma é habitual, poderían encadrarse nas catro categorías que compoñen o festival: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova.

Cada curta inscrita antes do 31 de marzo deberá aboar unha cota de inscrición de dous euros; de tres, se se fai antes do 30 de abril; e de catro, se se fai antes do 31 de maio. Esta é a data última na que se poden inscribir os interesados e interesadas en participar cos seus traballos na sexta edición do FIC.

Para a súa preselección, as obras deben subirse no seguinte formato:
MPEG4 AVC (codec H264).
- Taxa máxima de transferencia de bits: 3000 kbps
- Audio: AAC.
- Subtítulos incrustados.
- Resolución mínima: 480 p

Onde inscribirse

A inscrición realizarase no apartado da web ficviaxiv.com/es/inscripción completando todos os campos que se indican, ou ven a través da plataforma Festhome. Para calquera dúbida ao respecto, articulase un correo electrónico ao que dirixirse:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

As curtas, que non poderán superar os 31 minutos de duración, teñen que ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Ademais, aquelas que foran filmadas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir os subtítulos en castelán, galego ou inglés.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>