Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín conmemora o Día Internacional da Muller
Verín conmemora o Día Internacional da Muller PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Marzo 2021 13:54

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Verín levaranse a cabo unha serie de actividades impulsadas polas entidades sociais: FEMURO, CDR Portas Abertas,  Asociación Feminista Nosas e Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración co Concello de Verín e coa Asociación de Empresarias/os de Verín. Estas accións, que terán lugar nas rúas de Verín, teñen como obxectivo mostrar e recordar que o movemento feminista continúa moi vivo a pesar da situación social e sanitaria.

As actividades que se realizarán o propio día 8 de marzo buscan poñer en valor o  espírito comunitario que se respirou na última gran manifestación do ano 2020. A acción máis visible será unha unha escolma de fotografías ubicadas nos lugares que acolleron a manifestación , principalmente a Praza García Barbón, onde terán lugar outras iniciativas co mesmo obxectivo.


A través das redes sociais invítase á poboación en xeral a que colgue nos seus balcóns prendas violetas ou carteis reivindicativos, como se ten feito noutras ocasións nos balcóns da vila. A Asociación de Empresarias/os de Verín tamén se une á iniciativa decorando os escaparates con motivos feministas. O Concello de Verín colabora nesta ocasión a través de paneis colocados nas rúas principais nos que se poderán ler mensaxes feministas.

“Sen coidados non hai vida”

Un ano atrás, a manifestación organizada por Galegas 8M en Verín atraeu a 6000 persoas baixo o lema “Sen coidados non hai vida”, lema que continúa vixente este ano.  Aquela manifestación supuxo un impulso ó movemento feminista en Verín que agrupa a diversas entidades que traballan en rede e actúa no ámbito educativo, social, laboral, asociativo e do activismo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>