Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os creadores de “Conquista Verín” doarán o 10% das ganancias obtidas co xogo ás persoas máis desfavorecidas da vila
Os creadores de “Conquista Verín” doarán o 10% das ganancias obtidas co xogo ás persoas máis desfavorecidas da vila PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Marzo 2021 14:13

 Esta mañá tivo lugar en  Caldeliñas a presentación de “Conquista VERÍN”, un divertido  xogo de mesa para toda a familia -similar  ao tradicional “ Monopoly”- no que se concentran  as  rúas  máis representativas da vila de Verín, así como diferentes  establecementos que colaboran  coa iniciativa. Parte das ganancias obtidas coa venda  do xogo irán destinadas a axudar ás persoas máis desfavorecidas da vila.


No acto estiveron presentes os creadores do xogo, José Antonio Quintas e María Domínguez, así como representantes dalgunhas das entidades colaboradoras; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e  Festexos do Concello de Verín, Lara Da Silva, presidenta da D.O Monterrei e José Ángel  Rodicio, presidente da Asociación de Empresarios de Verín ( AEVER).

As regras do xogo son moi similares as do "Monopoly" tradicional, pero este caracterízase por estar totalmente ambientado na comarca, con cartas que representan os nosos lugares máis coñecidos, así como situacións que nos farán rir en familia e amigos. Así mesmo, este xogo cumpre a función de plataforma de publicidade para os negocios que aparezan no mesmo.

Segundo explicou José Antonio Quintas, o xogo – que ten un prezo de 26 euros- poderase reservar a través da app Roombo a partir de mañá. Tamén se crearán varios puntos de distribución en varios dos establecementos colaboradores da vila. «Contaremos con 300 unidades que estarán ao dispor do público para partir do 25 de abril, podendo reservarse a partir de mañá».

Ademais, os creadores do xogo anunciaron tamén que o 10 por cento das súas ganancias irá destinado a axudar ás familias máis desfavorecidas de Verín. «Entregaremos o diñeiro ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín para que utilice os fondos como consideren oportuno», finalizou Quintas.

Por outra banda, Emilia Somoza, quixo destacar a orixinalidade do proxecto, así como a súa potencialidade como «ferramenta visibilizadora do propio patrimonio da nosa vila», así como dos propios comercios locais que colaboran con esta iniciativa. «Neste caso, o Concello de Verín realizará unha colaboración económica a través do financiamento anual achegado á Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), quen decidiu destinar parte destes fondos a apoiar esta iniciativa.

Por último, José Ángel  Rodicio,  salientou que «a Asociación de Empresarios de Verín  viu nesta orixinal iniciativa unha gran oportunidade para dar visibilidade ao comercio local da vila, así como de estar presentes nos momentos de lecer familiar dos verineses e verinesas».




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>