Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín remata as actuacións previstas para a mellora de carreiro e creación de roteiro interpretativo na Veiga de Tintores
Verín remata as actuacións previstas para a mellora de carreiro e creación de roteiro interpretativo na Veiga de Tintores PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 Abril 2021 12:13

 O Concello vén de rematar as obras de mellora de carreiro e creación de roteiro interpretativo na Veiga de Tintores, nas que o Concello de Verín licitou por 20.432,92 euros (máis o IVE), dos que 20.000 euros proceden da subvención financiada integramente polo Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.


Esta actuación  tivo por finalidade a recuperación e valorización do antigo carreiro situado na Veiga de Tintores, que se inclúe dentro da Rede Natura. Dentro das obras efectuadas integrouse medioambientalmente a antiga ponte que cruza o río Támega mediante a colocación de adoquíns e substituíuse o valado metálico por outro de madeira en consonancia co ambiente no que se empraza.

Ademais mellorouse o carreiro que une devandita ponte coa pontiña sobre o rego do muíño existente e colocouse unha serie de carteis indicativos e divulgativos sobre os solos agrícolas e os aproveitamentos agrogandeiros nesta zona, xa que o tramo reformado do carreiro conecta a área de lecer e fluvial de Tintores con diversas parcelas agrícolas.

Segundo destacou o alcalde de Verín, Gerardo Seonane, a rehabilitación deste carreiro permitirá a interconexión da área de lecer de Tintores (incluso a “ciclovía do Támega”) coa outra marxe do río, no que o visitante poderá percorrer zonas de transición dun ecosistema fluvial con explotación agrogandeiras perfectamente adecuadas ó entorno.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>