Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas dedicada a autora galega Xela Arias
Videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas dedicada a autora galega Xela Arias PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Abril 2021 12:07

 O vindeiro 7 de abril, ás 11:30 horas,  a Biblioteca do Concello de Verín convídanos a coñecer a Xela Arias da man de Víctor F. Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas, (Profesa da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa de Xela Arias) a través dunha videoconferencia temática.



Con este evento, a Biblioteca Municipal de Verín únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán á autora sarriana durante o presente ano, no que a Real Academia Galega acordou que Xela Arias será a persoa homenaxeada nas Letras Galegas de 2021. 

Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), está considerada unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea pero que tamén tivo carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos.

«Achegámonos a un X maiúsculo das nosas letras: o de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), un cumio da poesía galega das últimas décadas. Non é unha misión calquera. Saímos ao encontro dun océano de versos, dunha vida tan breve coma brillante e vizosa. Coñeceremos a Xela editora, a tradutora, e tamén a muller comprometida coa nosa cultura, co pacifismo, co ecoloxismo ou co movemento feminista.»

(Texto da Real Academia Galega)

As intervencións que terán lugar na videoconferencia temática serán as seguintes:

 1º Breve introdución sobre as mulleres na RAG a cargo de Víctor F. Freixanes.

2º Montse Penas presentará o seu traballo: Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias, ed. Galaxia.

Rigoroso estudo da poeta de Sarria a cargo dunha das analistas literarias máis importantes do noso país, que percorre a vida e a obra de Xela Arias dende o seu nacemento en Sarria ata o derradeiro dos seus días. Unha vida e unha obra marcadas pola heterodoxia dunha muller que non desexaba ser categorizada en correntes ou escolas de ningún tipo. Como é habitual na obra de Montse Pena Presas, o libro está escrito cunha prosa achegada á narrativa, lonxe de formalismos académicos, algo que, sen dúbida, tamén sería moi do agrado da propia poeta estudada. Capítulos como Máis rock and roll e menos poesía ou Como regra vital, a independencia, marcan o ton intempestivo, coma o título, que a autora soubo darlle a esta biografía, literaria e vital, da autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2021.

As persoas interesadas en obter  máis información sobre Xela Arias poden facelo no portal  web creado ex profeso pola Real Academia Galega: “Primavera das Letras”: http://primaveradasletras.gal/xela-arias-o-mundo-escribese-con-x/ onde atoparedes a nosa protagonista, fichas didácticas descargables, e as bases do Certame: “Contádenos o voso Día das Letras”.

Vídeoconferencias temáticas na Biblioteca de Verín

Devanditas conferencias online, que teñen como primeiro público aos alumnos e alumnas de centros escolares da vila, impártense en horario matinal e teñen unha duración de, aproximadamente, 30 minutos. Posteriormente, ás charlas estarán a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas videoconferencias:

- 30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".

Novela Negra/Misterio

- 7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

- 21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

- 3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>