Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas dedicada a autora galega Xela Arias
Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Víctor F. Freixanes e Montse Pena Presas dedicada a autora galega Xela Arias PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Abril 2021 12:34

 Esta mañá, tivo lugar -cun gran éxito de participación- a videoconferencia dedicada a Xela Arias na que participaron Víctor F. Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas, (Profesa da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa de Xela Arias).

Con este evento, a Biblioteca Municipal de Verín únese a serie de recoñecementos que se lle brindarán á autora sarriana durante o presente ano, no que a Real Academia Galega acordou que Xela Arias será a persoa homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.

Na mesma participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR  María Inmaculada. A charla estará a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas Videoconferencias temáticas

30 Abril: Francisco Narla (Escritor): "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro".

Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas".

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>