Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CRA Monterrei participa mañá no contacontos online da Biblioteca de Verín
O CRA Monterrei participa mañá no contacontos online da Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Maio 2021 13:12

A Biblioteca Municipal de Verín organiza mañá un contacontos moi especial. Trátase dunha colaboración co CRA Monterrei e os rapaces e rapazas estudantes que están a realizar prácticas neste centro educativo procedentes da selección final realizada pola Fundación Princesa de Girona (FPdG) dentro do proxecto “Generación Docente”.


Nesta iniciativa participarán dous estudantes de maxisterio, Lydia Cases e Raúl Vega,  procedentes de Valencia e Jaén, seleccionados entre máis de 200 estudantes de 17 universidades españolas pola Fundación Princesa de Girona ( FPdG) dentro do proxecto “Generación Docente”. Estes dous mozos forman parte dun grupo de 30 seleccionados que están asignados a 23 CRAs de Aragón, Estremadura e Galicia. Tamén colaborará na actividade Gianna Nicole, auxiliar de conversa americana que traballa no CRA Monterrei desde xaneiro. A presenza desta formadora no CRA é debida a que este centro educativo ten concedido o programa plurinfantil.

Proxecto “Generación Docente”

A Fundación Princesa de Girona  puxo en marcha o Proxecto "Generación Docente” cuxa finalidade é posibilitar a realización de prácticas en escolas rurais de referencia a estudantes de último curso do Grao de Educación Primaria e de Educación Infantil que teñan nacionalidade española ou permiso de residencia no noso país, e que sexan menores de 25 anos.

Unha das condicións para participar no proxecto era realizar as prácticas noutra comunidade autónoma coa finalidade de experimentar con outras realidades que lles permitisen aos estudantes saír da súa zona de confort.  Ademais, animábase futuros formadores a que elaborasen actividades de impacto na zona asignada, participación  –nesta ocasión- contando un conto en galego.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>