Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas”
A compañía Sarabela representa en Verín a obra “A lingua das bolboretas” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Xuño 2021 12:41

 O vindeiro 20 de xuño, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “A lingua das bolboretas”, baseada nunha historia de Manuel Rivas e dirixida por  Gonçalo Guerreiro. As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, teñen un prezo de 5 euros.

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Elenco: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Callelja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>