Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a presentación do libro “Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad en libertad” de Carmen Lovelle
O Auditorio de Verín acolle a presentación do libro “Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad en libertad” de Carmen Lovelle PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Agosto 2021 13:00

 Maña xoves 5 de agosto, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a presentación do libro a ex alcaldesa de Verín, Carmen Lovelle, “Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad en libertad”.


O libro é o fiel reflexo dun diario persoal e compartido dos cen días de confinamento por  COVID. Escrito e remitido a través dun teléfono, día a día, cos acontecementos, noticias, vivencias de antes e do momento. A autora transmite sentimentos, desexos, afectos e paixóns reflicto dun mundo interior forxado a través da súa traxectoria vital e ao fío da traxedia vivida neste tempo. Contén propostas de libros, música e películas vinculados cos textos e, ánimo de transmitir a quen lía a diario, esperanza, resistencia e forza para escapar do medo. A través do  WhatsApp escapar do illamento e propiciar enteireza e  resiliencia. Relato ou crónica con perspectiva propia e ao mesmo tempo acrisolada pola moi variada correspondencia que recibía dos moitos lectores. Este libro axudará a manter na memoria canto ocorreu.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID Caldeliñas

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>