Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 9 de setembro de 2021
Pleno Ordinario: 9 de setembro de 2021 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Setembro 2021 11:39

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación a fixación das festas locais do ano 2022 quedando aprobado que sexan finalmente o 17 de xaneiro (San Antón) e o 2 de marzo (mércores de Cinza). Devandito punto quedou aprobado por unanimidade.


Tamén por unanimidade se acordou na sesión a aprobación do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Por outra banda, o pleno aprobou, por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, o convenio de colaboración entre o Concello de Verín e a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV que establece as bases para a realización do FIC Verín (Festival Internacional de Curtas de Verín), cuxa finalidade e difundir  a  cultura cinematográfica e por en valor o patrimonio cultural, etnográfico e musical, tan material como inmaterial do val de Monterrei. Coa validación do mesmo, o ente municipal outorga unha cooperación financeira de 40.000 euros.

No que se refire ao punto relativo ao rexeitamento da anulación do instrumento da anulación  provisional, acordouse que –fundamentándose no informe xurídico asinado polo Técnico de Administración Urbanística do Concello de Verín- rexéitase o requirimento de anulación formulado pola Directora Xeral de Ordenación  do  Territorio  e  Urbanismo  mediante  resolución  de  data  04.06.2021 respecto do Instrumento de Ordenación Provisional aprobado definitivamente polo pleno do Concello de Verín con data 18.02.2021, ao abeiro do disposto no artigo 93.seis da LMFAO 2017, xa que non resulta acreditado a existencia de infracción legal  ou  regulamentaria  na  tramitación  administrativa  e  aprobación  do  citado instrumento. Devandito asunto quedou aprobado por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.

Outro das cuestións tratadas no pleno foi a aprobación definitiva de plan especial de infraestruturas e dotacións do Complexo Balneario Asistencial de Caldeliñas, que quedou ratificado,  por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido, segundo  a  última  versión  do documento  técnico  redactado  pola  empresa  OTIMA  S.L,  e  presentado  no Concello de Verín con data 17.06.2021.

Por último, Diego Lourenzo Moura, en representación do Bloque Nacionalista Galego, anunciou que se retiraba da orde do día o punto referente a moción do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao espolio e depredación.

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>