Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Feminissimas” da compañía De Ste Xeito
O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Feminissimas” da compañía De Ste Xeito PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Setembro 2021 17:09

O sábado 18 de setembro, ás 20:30 horas,  a compañía de De Ste  Xeito Producións actuará no Auditorio do Concello de Verín coa súa última peza teatral, titulada  Feminíssimas. unha fantástica comedia coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Feminíssimas, dirixida por Xavier  Castiñeira e interpretada por Noelia Blanco, Esther  F. Carrodeguas e  Stephy  Llaryora, é unha creación colectiva que non che deixará indiferente. Ademais conta co traballo de iluminación de Javier Quintana e a colaboración de José Faro “ Coti” e Beatriz de Vega González.

As entradas xa están dispiñibles a través de ataquilla.com por 5 euros.

Feminissimas

Creación colectiva Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.

Tres amigas da adolescencia que hai anos que  non ven.

Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida da creación colectiva na que están a traballar Esther  F: Carrodeguas, Noelia Blanco,  Stephy  Llaryora e Xavier  Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, de nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>