Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alumnado verinés descubre o legado artístico de Castelao na Sala de Exposicións do Concello de Verín
O alumnado verinés descubre o legado artístico de Castelao na Sala de Exposicións do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Novembro 2023 12:25

O alumnado de 4º de Educación Secundaria do colexio Plurilingüe María Inmaculada visitou a mostra Castelao Grafista (Fascímile), situada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín. Nestas actividades programadas para os grupos escolares búscase, a través dos retratos e autorretratos que se exhiben na mostra, a clasificación da personalidade de Castelao. Os estudantes foron recibidos nas instalacións municipais pola concelleira de Cultura, Samanta Barreira.



Na decena de obras expostas sobre Cousas da Vida analízase a temática tratada polo creador nesta serie que tanta repercusión tivo na súa época. Moi en concreto, profundízase no uso da retranca polo autor rianxeiro (mediante o análise de obras expostas que carecerían de sentido se non fosen exemplos da súa habilidade para falar con segundas intencións e buscar a graza) tan característica da sociedade galega. Tamén, incídese en como Castelao nas súas obras peneira a sociedade galega da primeira metade do século XX, facéndoo con todos os estratos que a compuñan. Por último, por ser temas recorrentes nos debuxos de Castelao, trátase a través de imaxes representativas a emigración e o exilio, situacións as que el e moitas persoas víronse forzadas na súa época.

Pola relación que Castelao tivo coa Medicina, as actividades grupais comezan e pechan con actividades sobre hábitos respiratorios e ergonómicos recomendábeis, desde perspectivas de educación para a saúde e de medicina preventiva.

Visitas escolares programadas pola área de Cultura

Os grupos que asisten están compostos polo alumnado dunha clase. As clases participantes están comprendidas entre 5º de Educación Primaria e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Até o momento participaron clases do Colexio Plurilingüe María Inmaculada e do Colexio Apostólico Mercedario. Na vindeira semana, ademais de clases dos devanditos colexios, está prevista a participación dunha clase do IES Castro de Baronceli e outra do IES Xesús Taboada Chivite.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>