Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite presenta as súas propostas de mellora municipais no Concello
O alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite presenta as súas propostas de mellora municipais no Concello PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Decembro 2023 12:54

Como parte dunha iniciativa educativa exemplar, o alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite visitou onte as dependencias do Concello de Verín para presentar formalmente unha batería de propostas de mellora municipais. Este encontro proporcionoulles tamén unha comprensión directa do funcionamento interno desta administración pública.


Os estudantes deste centro educativo realizaron un proxecto escolar no que abordaron diversos temas como as opcións de lecer en Verín, a caída demográfica, as ofertas de emprego, o nivel de vida ou a renda per cápita. Posteriormente, o alumnado extraeu unha serie de conclusións que se materializaron en propostas específicas. As mesmas foron presentadas onte no rexistro municipal de Verín para a consideración do grupo de goberno.

A recepción do alumnado correu a cargo da concelleira de Cultura Festexos e Turismo, Samanta Barreira, quen os guiou ao longo de toda a visita, explicándolles as distintas dependencias e funcións do persoal que traballa na casa consistorial.

Segundo quixo destacar Barreira, «este tipo de iniciativas que promoven a interacción directa entre a administración e as nosas novas xeracións contribúe notablemente ao fortalecemento do vínculo entre a comunidade e os seus representantes municipais».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>