Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín habilita un aparcadoiro ocasional de 2.000 metros no San Antón para as celebracións de mañá
O Concello de Verín habilita un aparcadoiro ocasional de 2.000 metros no San Antón para as celebracións de mañá PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Xaneiro 2024 14:20

Unha parte dos espazos tradicionais de ubicación das fogueiras do San Antón, en Verín, poderanse usar mañá pola veciñanza na secular romaría. Grazas ao acordo temporal acadado entre o Concello e os novos propietarios dos terreos, parte dos pechamentos foron retirados provisionalmente, co cal as zonas adxacentes á capela do santo de Ábedes poderán ser novamente o escenario da reunión de todos os 17 de xaneiro.


Ademais, o concello habilitou un aparcamento provisional ao oeste da estrada fronte á capela, en 41.932340, -7.419512, o que permitirá gañar espazo para os visitantes. O Concello lembra aos asistentes que se conduzan con precaución no aparcadoiro, dada a previsión de choivas persistentes para mañá, e advirten que esta nova zona é para desconxestionar de vehículos a contorna, e en ningún caso debe servir para acender fogueiras.

O Concello tamén habilitou, como ven sendo tradicional, espazos para depositar o lixo, e porá a disposición dos veciños leña desde primeira hora da mañá. Pide aos asistentes que maximicen o coidado dos espazos comúns, utilizando os medios para a limpeza, e agradece aos propietarios dos terreos que permitiron a retirada dos seus valados a súa colaboración nesta celebración tan importante para todas e todos os verineses.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>