Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín financiará seis actuacións e un desprazamento do Coral de Verín
O Concello de Verín financiará seis actuacións e un desprazamento do Coral de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Febreiro 2024 13:42

O Concello de Verín e a Asociación Verinense de Amigos da Música (AVAM) asinaron un convenio de colaboración para o fomento e a divulgación da música coral, polo que o Concello de Verín financiará seis actuacións e un desprazamento do Coral de Verín ao longo deste ano.


Por este acordo, a AVAM comprométese a realizar durante o 2024 seis actuacións do Coral de Verín dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o Concello de Verín, que sexan de interese para ambas as partes asinantes. As actuacións comezarán a se realizar despois de que as partes asinantes pacten o calendario definitivo, e calquera actuación que se desenvolva fóra deste ámbito queda excluída. O Concello de Verín comprométese, no caso de que se celebren as seis actuacións previstas, ao pagamento de 3300 € á AVAM; ou, no caso de que non se celebren as seis actuacións previstas, a liquidarlle a cantidade proporcional correspondente ao número de actuacións realizadas (550 € por actuación). A AVAM responsabilízase de informar á entidade receptora de cada actuación das xestións que terá que facer e dos deberes económicos que terá que liquidar derivados do uso polo Coral de Verín de repertorio protexido pola normativa de propiedade intelectual. En calquera caso, o Concello de Verín non asumirá a responsabilidade supletoria por calquera demanda que se poida orixinar por ese motivo.

Co fin de colaborar en intercambios con outros coros ou en actuacións puntuais do Coral de Verín fóra do territorio municipal, o Concello de Verín correrá cos gastos de desprazamento dunha das actuacións que o colectivo musical realice, cun límite máximo de 350 € (impostos incluídos), sempre que o prezo facturado por quilómetro non supere ao vixente no mercado para os desprazamentos en autobús, e tras a xustificación do gasto pola AVAM.

Desde o ano 1994, o Concello de Verín e a Asociación Verinense de Amigos da Música veñen mantendo unha colaboración anual concertada. O actual convenio modifica, entre outras cousas, as cláusulas económicas  tanto das actuacións coma do desprazamento; actualizando unhas cantidades que se mantiñan “conxeladas” desde o ano 2006.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>