Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da comedia “Neura” de Ste Xeito Produccións
O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da comedia “Neura” de Ste Xeito Produccións PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2024 12:58

O martes 30 de abril, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “Neura”, unha comedia de Ste Xeito Produccións dirixida por Manuel Pombo.

“Neura” é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os seus protagonistas (interpretados por Stephy Llaryora e Sergio Macías) conviven  con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Esta non é unha unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das  que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

“Neura” é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nós mesm@s!

Entradas dispoñibles en ataquila.com

Organizada Concelo de Verín coa colaboración da Rede de Auditorios da Cultura Deputación de Ourense.

 

Neura. Unha comedia neurótico-festiva De Ste Xeito

Xénero: teatro comedia

Idade recomendada: adulto (+12 anos)

Idioma: galego

Duración: 75 minutos

Prezo da entrada: 5 €

Ficha artística e técnica:

Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal

Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías

Deseño de iluminación: Jorge Ramos Mourín

Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Produción: De Ste Xeito Producións: Stephanie Llaryora Arana e Steve Domínguez Fernández

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>