Cociñando ideas: O Concello de Verín reúne a más de 30 negocios hostaleiros na búsqueda de "novas recetas" para o éxito |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 16 Maio 2024 12:29 |
Máis dunha trintena de negocios hostaleiros locais participaron onte na reunión informativa convocada polas áreas de Hostalería e Feiras do Concello de Verín no Salón de Actos da Casa da Cultura. O obxectivo fundamental deste encontro foi promover un espazo de colaboración entre os diversos actores do sector da hostalería en Verín, coa finalidade de explorar posibles vías de actuación para a súa dinamización. Con esta iniciativa, que contou coa presenza do concelleiro de Feiras Trasportes e Xuventude, Manuel Lorenzo, buscase dar os primeiros pasos cara a creación dunha nova asociación de hostaleiros que de luz a ideas innovadoras e que esté acorde as actuais necesidades e oportunidades que enfronta este sector na actualidade. Esta reunión contou tamén coa preseza das técnicos municipais de Turismo e Consumo, representantes da D.O Monterrei, adegas, así como do tecido asociativo verinés. |