Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas AEVER pon en marcha unha nova edición da súa campaña comercial "EU MERCO EN VERÍN"
AEVER pon en marcha unha nova edición da súa campaña comercial "EU MERCO EN VERÍN" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xuño 2024 17:27

A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) vén de anunciar una nova edición  da súa campaña comercial "Eu Merco en Verín". Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Verín, ten como obxectivo dinamizar as rúas e promover as vendas nos establecementos asociados.


Segundo informaron esta mañá o presidente e xerente de AEVER, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, a campaña dará comezo o luns 17 de xuño, culminando coa celebración dunha serie de actividades especiais o 28 de xuño. Durante ese día, os clientes que realicen compras nos establecementos participantes poderán acceder ás mesmas mediante a entrega dos tickets de compra correspondentes.

 O obxectivo desta campaña é incrementar o atractivo da zona, impulsar as vendas, fomentar a mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e facilitar a conciliación familiar.

Na presentación tamén estivo presente a concelleira responsable da área de Comercio, María Isabel González, quen destacou a importancia do traballo da Asociación de Empresarios en prol do comercio local, sinalando que a súa colaboración é vital para impulsar, xunto coas institucións, a actividade comercial, o crecemento económico e a creación de emprego en Verín.

As actividades que se realizarán o día 28 de xuño, e que estarán ubicadas en puntos estratéxicos da vila, inclúen inchables, pasarrúas, xogos interactivos e –como novidade- os denominados  “xogos desenchufables”, pensados para que a mocidade desconecte, polo menos por un día, do ocio baseado na tecnoloxía. O horario de mañá de 11:00h a 13:30h e de tarde de 17:30h a 20:30h.

Para participar nelas, os clientes deberán obter os tickets mediante as súas compras nos establecementos asociados. Os tickets poderanse canxear na carpa de AEVER, que estará situada na praza do Concello e que estará aberta unha hora antes do inicio das actividades. O mecanismo de canxe é o seguinte:

  • No horario de mañá, será necesario entregar 3 tickets de compra xunto con 5€ e realizar o canxe na carpa de AEVER, para obter unha pulseira de cor azul, que permitirá o acceso a todas as actividades durante a mañá.
  • En horario de tarde, tamén será preciso entregar 3 tickets de compra xunto con 5€ e realizar o canxe na carpa de AEVER, para obter unha pulseira de cor verde, que permitirá o acceso a todas as actividades durante a tarde.
  • Para gozar de acceso durante todo o día, os clientes deberán entregar 3 tickets de compra xunto con 7€ e realizar o canxe na carpa de AEVER, para obter unha pulseira de cor VERMELLA, que dará acceso a todas as actividades durante toda a xornada.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>