Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle o 14 de agosto unha nova edición das Xornadas de Folclore
Verín acolle o 14 de agosto unha nova edición das Xornadas de Folclore PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Agosto 2024 10:51

A nosa vila será, un ano máis, un dos escenarios da XXXIX edición das Xornadas de Folclore. Esta cita, que terá lugar o próximo 14 de agosto na Zona Verde de A Preguiza a partir das 22:30 horas, promete converter a provincia no epicentro da música e dos bailes tradicionais de todo o mundo.


Nesta edición, Verín contará coas actuacións de destacados grupos como a Fundación Ballet Folclórico de Nobsa, de Colombia, que recreará cos seus bailes o impacto da historia colombiana en escenarios rexionais; tamén contaremos coa participación de Yuan Yuan Dance Group de Taiwán, que representarán na súa actuación as festas máis típicas do seu pobo; e o grupo SREM de Serbia, formado por máis de 200 membros e situado na cima da sociedade folclórica de Belgrado e Serbia.

Estas actuacións, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, enmárcanse nunhas Xornadas que percorren toda a provincia de Ourense durante o mes de agosto, contan co apoio da Xunta de Galicia e neste caso coa colaboración do Concello de Verín, garantindo así a continuidade desta destacada celebración cultural na nosa vila.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>