Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axentes da Garda Civil impartirán unha charla para a prevención e mellora da seguridade dirixida ás persoas maiores en Verín
Axentes da Garda Civil impartirán unha charla para a prevención e mellora da seguridade dirixida ás persoas maiores en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Outubro 2024 11:36

O vindeiro luns, 14 de outubro, ás 10:00 horas, o Salón de Actos do Concello de Verín acollerá unha charla informativa dirixida ás persoas maiores, organizada pola Garda Civil en colaboración co departamento de Benestar Social do Concello de Verín e o programa "Cara a conquista do Benestar" do Voluntariado Sénior.


O obxectivo desta charla é dotar ás persoas maiores das ferramentas necesarias para protexerse mellor ante as ameazas que poidan sufrir no seu día a día, mellorando así a súa calidade de vida e sensación de seguridade.

A Garda Civil tamén aproveitará para fomentar a denuncia inmediata de calquera situación de risco, contribuíndo a unha resposta policial máis eficaz e rápida. Desta maneira, búscase aumentar a seguridade deste sector da poboación, dotándoo de coñecementos actualizados que os axuden a defenderse mellor das posibles ameazas ás que poidan estar expostos.

Na mesma abórdanse aspectos como:

  • Seguridade no fogar: Medidas para evitar roubos, timos ou outros delitos dentro do domicilio.
  • Seguridade na vía pública: Consellos para evitar tiróns, furtos e outras ameazas que poidan ocorrer mentres transitan pola rúa.
  • Defensa fronte a estafas: Identificación dos fraudes máis frecuentes, como o uso fraudulento de propiedades, contas bancarias e cartillas de aforro.
  • Prevención do maltrato: A importancia de denunciar calquera situación de violencia ou abuso, tanto físico como psicolóxico.
  • Seguridade dixital: Recomendacións para un uso seguro de Internet, incluíndo como evitar caer en estafas en liña.

“Plan Mayor de Seguridad”

Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Mayor de Seguridad, da Garda Civil e Policía Nacional, un programa nacional, impulsado pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior e desenvolvido pola Garda Civil e a Policía Nacional, que ten como obxectivo principal mellorar a seguridade das persoas maiores, un dos colectivos máis vulnerables da sociedade. A través destas charlas, preténdese proporcionar aos asistentes información clave sobre a prevención de delitos, mellorar a súa capacidade de reacción ante situacións de risco e fomentar a denuncia de actos delituosos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>