Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Laboratorio de Innovación: Potenciando o liderado e a creatividade xuvenil en Chaves-Verín
Laboratorio de Innovación: Potenciando o liderado e a creatividade xuvenil en Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Outubro 2024 16:25

Co fin de empoderar á mocidade da Eurocidade Chaves-Verín, os próximos 25 e 26 de outubro, a Fundación Galicia Europa organiza dous eventos no marco do “Laboratorio de Innovación”, un espazo deseñado para asesorar e mentorizar a mozos na exploración das oportunidades que o seu entorno ofrece nos ámbitos do patrimonio, o audiovisual, o deporte e o turismo. Con un enfoque na colaboración transfronteiriza, esta iniciativa busca conectar á mocidade con outros colaboradores europeos, ampliando os seus horizontes e fomentando a creatividade.



obxectivo do laboratorio é crear un lugar de encontro onde as ideas flúan, se establezan conexións significativas e se potencien proxectos colaborativos. Este innovador proxecto pretende inculcar un espírito de creatividade e orixinalidade, animando aos participantes a xerar propostas únicas e proporcionando a guía necesaria para materializalas, xa sexa desde un enfoque profesional ou asociacionista.

Deseñadas para ser prácticas e dinámicas, as actividades do laboratorio invitarán aos asistentes a participar activamente no proceso de creación e desenvolvemento de proxectos. Para garantir unha experiencia enriquecedora, contarase con mentorías personalizadas a cargo de expertos do sector, quenes axudarán aos mozos a potenciar as súas habilidades e capacidades, fomentando tanto o liderazgo como a creatividade.

As sesións tamén abordarán temas de sustentabilidade e cohesión, enfatizando a importancia da protección da biodiversidade e dos ecosistemas, así como a eficiencia no transporte.

Obxectivos do Laboratorio:

    • Desenvolvemento de Oportunidades: Crear unha rede de contactos no territorio transfronteirizo Chaves-Verín, abrindo novas oportunidades para os participantes.
    • Fomento do Liderazgo e a Innovación: Asesorar aos mozos no desenvolvemento de proxectos creativos e habilidades de liderazgo.
    • Promoción do Emprendemento: Proporcionar ferramentas para iniciar e xestionar proxectos que exploten as riquezas patrimoniais da zona.
    • Coñecemento de ferramentas de Cooperación: Informar sobre as vantaxes que ofrecen as institucións europeas para o desenvolvemento de proxectos de carácter internacional.

O Laboratorio está dirixido a:

    • Mocidade en risco de exclusión social.
    • Mocidade en paro.
    • Mocidade emprendedora: Aqueles que desexan levar a cabo proxectos que aproveiten os recursos comunitarios, pero que necesitan ampliar os seus coñecementos coa axuda de expertos.
    • Mocidade non profesionalizada: Mozos do asociacionismo que buscan dinamizar as súas comunidades sen un enfoque no beneficio económico.
    • Población xeral e medios de comunicación: Informar ao público sobre as posibilidades que ofrece o territorio para fomentar un sentido de orgullo e pertenza comunitaria.

Consulta o contido do programa:

Primeira Xornada: venres, 25 de outubro. Creatividade Transfronteiriza e Sociedade Organizada

A primeira xornada, que terá lugar o 25 de outubro, contará coa participación de Diana Goncalves, xestora cultural e comunicadora transfronteiriza, e Javier Balbín (Tesoureiro de Raia Creativa e Asesor Financeiro de Transfronteiriza). Ao longo do día, terá lugar unha serie de actividades teóricas e prácticas co fin de xerar lazos a través do patrimonio compartido e do coñecemento do territorio.

Abordarase a importancia da organización da sociedade civil, comezando coa constitución de asociacións, as diferentes tipoloxías e os trámites necesarios. Ademais, disertarase sobre a posibilidade de crear asociacións transfronteirizas co fin de crear proxectos culturais que rompan as barreiras diferenciadoras e que estean en sintonía cos valores europeos e a construción dun espazo común. Os participantes analizarán como a creatividade pode ser o motor dunha organización e ofreceranse ferramentas para o desenvolvemento e a comunicación efectiva de proxectos. Pola tarde, explóranse as relacións entre a sociedade civil e as institucións, a combinación da componente creativa e financeira, así como as posibilidades de financiamento a través de fondos comunitarios, cun enfoque nos programas CERV e Europa Creativa.

Orientadas a mozos de diversos grupos sociais e tendo en conta outras franxas de idade, as actividades están deseñadas para implementar estratexias que promovan a integración e a participación activa. Farase especial énfase no ámbito patrimonial, permitindo aos participantes detectar as oportunidades que representan os recursos culturais da Eurocidade Chaves–Verín.

Este enfoque non só fortalecerá a identidade compartida, senón que tamén servirá como ponte para consolidar a relación entre Galicia e Portugal, creando bases sólidas para futuras colaboracións e proxectos transfronteirizos.

Segunda Xornada. Sábado, 26 de outubro. Deporte e Turismo: Cómo xerar oportunidades no noso territorio?

26 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a segunda xornada do “Laboratorio de Innovación”, centrada no potencial do deporte e do turismo como ferramentas de crecemento para o territorio transfronteirizo. Baixo o título “Deporte e Turismo: ¿Cómo xerar oportunidades?”, terá lugar unha mesa redonda que reunirá a destacados expertos en deportes, turismo e sustentabilidade. Esta será moderada por Ana Díez, xestora cultural e politóloga, que achegará a súa visión sobre o deporte como motor de cohesión social e dinamización comunitaria.

A xornada continuará cun taller creativo dirixido por Daniel Diéguez e Javier Morales, enfocado en axudar aos mozos participantes a desenvolver proxectos que combinen deporte e turismo, promovendo o aproveitamento do territorio e a creatividade na xestión de recursos locais.

Finalmente, ofreceranse titorías personalizadas con expertos en comunicación, producción e coordinación de eventos deportivos e culturais, brindando a oportunidade de recibir asesoramento directo para o desenvolvemento de iniciativas individuais. Este formato 1to1 permitirá aos participantes obter orientación práctica e personalizada para poñer en marcha os seus proxectos.

Este Laboratorio de Innovación non só busca empoderar aos mozos, senón tamén fortalecer a identidade compartida entre Galicia e Portugal, establecendo cimentos firmes para futuras colaboracións e proxectos na rexión.

Inscríbete neste enlace. As inscricións son totalmente gratuítas e individuais para cada xornada.

Calendario completo de las jornadas

Primera Xornada: venres, 25 de outubro

Con Diana Goncalves (axente cultural, investigadora e fundadora de Raia Creativa) e Javier Balbín (tesoureiro de Raia Creativa e Asesor Financiero de Transfronteiriza)

  • 10:30h – 13:45h: Primeira sesión:
    • A sociedade civil organizada. Constitución dunha asociación. Tipoloxías e trámites.
    • Novas consideracións no ámbito europeo: ¿asociacións transfronteirizas?
    • Fundamentos e propósitos. A creatividade como motor dunha organización.
    • O desenvolvemento de proxectos e a súa comunicación.
  • 14:00h – 15:30h: Networking – almorzo na Eurocidade Chaves-Verín.
  • 15:45h – 19:00h: Segunda sesión
    • Relacións entre sociedade civil e institucións
    • Possibilidades de financiamento
    • Fondos comunitarios
    • Programa CERV e Europa Creativa.

Segunda Xornada: sábado, 26 de outubro

  • 10:30h – 11:30h: Mesa Redonda: “Deporte e Turismo: ¿Cómo xenar oportunidades?
    • Moderadora: Ana Díez.
  • 11:30h – 12:00h: Parada para o café
  • 12:00h – 13:30h: Taller Creativo I: “¿Coñecemos realmente as posibilidades do noso territorio?”
    • Dinamizado por Dani Diéguez. Actividade práctica de deseño de proxectos deportivos e turísticos.
  • 13:30h – 15:00h: Descanso para xantar
  • 15:00h – 17:30h: Taller Creativo II: “¿Coñecemos realmente as posibilidades do noso territorio?”
    • Continuación do taller da mañá, con enfoque en colaboración e xeración de ideas.
  • 17:30h – 19:00h: Tutorías personalizadas
    • Sesiones 1to1 cos expertos da mesa redonda para resolver dúbidas e afinar proxectos.

Eurocidade 2030

O obxectivo xeral da Eurocidade 2030 está aliñado co do programa Poctep (Programa de Cooperación Transfronteriza Interreg España-Portugal), que busca promover a posta en valor e o atractivo dos territorios transfronteirizos e contribuír ao benestar dos cidadáns que viven ou desexan vivir neles. Tendo en conta isto, o proxecto pretende reforzar as accións de cooperación transfronteiriza desenvolvidas pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, promovendo os avances institucionais en materia de cultura, demografía, acción social e transporte.

Por outra banda, o obxectivo específico é reforzar a eficacia da administración pública, promovendo a cooperación xurídica e administrativa entre a cidadanía, os axentes da sociedade civil e as institucións, en particular co obxectivo de resolver os obstáculos xurídicos e doutro tipo nas rexións.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>