Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Inauguración das novas Urxencias do Hospital de Verín: Un paso fundamental para a mellora sanitaria da comarca
Inauguración das novas Urxencias do Hospital de Verín: Un paso fundamental para a mellora sanitaria da comarca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Outubro 2024 00:00

O Concello de Verín celebra a inauguración oficial das novas instalacións de Urxencias do Hospital de Verín, que terá lugar este xoves. Este proxecto supón un avance significativo para a sanidade pública da comarca, mellorando non só a atención aos pacientes, senón tamén as condicións laborais dos profesionais que traballan no hospital.


Esta mañá tivo lugar  unha visita oficial as novas Urxencias do Hospital de Verín na que estivo presente o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que estivo acompañado, entre otras autoridades, polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Rueda salientou a aposta da Xunta por ofrecer “unhas instalacións sanitarias de primeira” a pacientes e profesionais, na que os hospitais comarcais de Galicia son unha peza clave ao garantir unha asistencia próxima e de calidade a todos os galegos. Neste liña, destacou que este tipo de centros ofrecen “moitos servizos” que ata “hai só uns anos” unicamente eran accesibles nos hospitais de maior tamaño.

O novo edificio, que triplica a superficie das antigas urxencias, ofrecerá un espazo moderno, accesible e máis confortable para todos os usuarios e permitirá ampliar a capacidade de outros servizos esenciais, como o Hospital de Día. Esta infraestrutura beneficiará a máis de 46.400 veciños do distrito sanitario de Verín, que cada ano rexistran preto de 15.000 urxencias hospitalarias.

O alcalde de Verín, quen tamén estivo presente na inauguración, agradeceu profundamente a execución desta obra tan esperada pola comunidade local, cualificándoa de “avance fundamental para a comarca”. O rexedor destacou o papel clave que o Hospital de Verín ten na vida social e económica da vila, sendo unha importante fonte de emprego e un motor na transformación da comunidade.

O alcalde aproveitou a ocasión para facer un chamamento á Xunta, instando a seguir investindo en recursos para o hospital, co fin de garantir a mellor atención posible. "Coidar do noso persoal sanitario é prioritario; debemos dotar aos profesionais de todos os medios necesarios para que poidan continuar ofrecendo unha atención sanitaria de calidade. Esta aposta pola sanidade pública non só reforza o benestar dos nosos veciños, senón que tamén contribúe a manter o tecido social e económico do concello", destacou o alcalde.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>