O Concello de Verín celebra o Samaín 2024 con obradoiros temáticos e un espectáculo familiar interactivo |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 29 Outubro 2024 12:46 |
A área de Cultura do Concello de Verín vén de presentar o seu programa de actividades para celebrar o Samaín 2024, que inclue talleres temáticos e un espectáculo interactivo para toda a familia. Esta proposta, que mestura cultura e creatividade, promete envolver a todos os asistentes na maxia e o misterio desta noite emblemática, combinando tradición e entretemento nunha celebración especialmente dirixida aos máis pequenos. O primeiro día de actividades terá lugar o venres 1 de novembro na Sala de Exposicións de Verín (Rúa Irmáns la Salle, Verín), de 17 a 19 horas, cunha tarde de obradoiros pensados para estimular a creatividade e facer que a cativada explore a súa faceta máis artística. O Concello de Verín organiza unha actividade pensada para que os máis pequenos da casa den renda solta á súa imaxinación nunha xornada onde se combina a maxia do Samaín co xogo e a creación.
O programa pecha o domingo 3 de novembro cun espectáculo interactivo ambientado nas historias da noite de Samaín. O mesmo, que terá lugar ás 17 horas no hall do Auditorio Municipal, promete facer vibrar aos asistentes con risas e sustos en igual medida. Baixo a dirección de Manuel “Lolo” Castro, experimentado cómico e clown con máis de tres décadas de traxectoria, “Quen Dixo Medo?” trae unha proposta chea de humor e movemento onde dúas personaxes guiarán aos menores a través de xogos e bailes, animándoos a explorar o seu lado máis monstruoso. |