Verín acolle a peza teatral “Castelao, un corazón á intemperie” da compañía Fantoches Baj |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 12 Maio 2025 09:10 |
No marco das actividades programadas pola Rede de Dinamización Lingüística no Ano Castelao, a Casa da Cultura de Verín será escenario dunha proposta teatral dirixida ao público familiar: “Castelao, un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj. A función terá lugar o sábado, 17 de maio, ás 18:00 horas, e está pensada para nenos e nenas a partir dos 6 anos, así como para as súas familias. A obra está protagonizada por Varela Buxán —dramaturgo e director de escena que dirixiu no seu día a estrea d’Os vellos non deben de namorarse—, quen rende unha homenaxe á figura de Castelao relatando os fitos máis destacados da súa vida e obra. Ao longo da representación, o público poderá descubrir momentos clave da traxectoria do rianxeiro a través de múltiples recursos escénicos:
Esta actividade supón o punto de partida dunha serie de propostas culturais coas que a Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, busca achegar a figura de Castelao ás novas xeracións, fomentando a reflexión e o coñecemento sobre o seu legado literario, artístico e político. Organiza: Rede de Dinamización Lingüística – Xunta de Galicia |