Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A directora, guionista e actriz Mariana Carballal, pregoeira da XVIII Feira do Viño de Monterrei
A directora, guionista e actriz Mariana Carballal, pregoeira da XVIII Feira do Viño de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Xullo 2025 15:46

A XVIII Feira do Viño de Monterrei terá unha pregoeira de luxo. A actriz, guionista e directora Mariana Carballal, será a encargada de efectuar o pregón que dará inicio a esta celebración. Unha persoa fortemente vinculada co territorio e que leva a denominación de orixe Monterrei sempre consigo.


A realización do devandito pregón está enmarcado dentro dos actos previstos para a xornada inaugural da feira. Despois da celebración da Confraría dos Viños de Monterrei, na Igrexa Parroquial de Verín, terá lugar a inauguración oficial da nova edición desta feira do viño. A mesma será o 08 de agosto, a partir das 20 horas, na praza García Barbón de Verín. Mariana Carballal naceu en Albarellos (Monterrei).

Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid e posgraduado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña. Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, de Dirección en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e de Interpretación para Cámara en UMinho. Directora, guionista e actriz de teatro, TV e cinema. Participou en películas e series como Vivir sin permiso, Fariña, Elisa y Marcela, 22 Ángeles, Secretos, Sinbad, La piel que habito, Matalobos, Hospital Central ou Pratos Combinados. Ademais de actuar en obras como E Embrujado, Las galas del difunto, Asamblea de mujeres ou La petición de mano, entre outras. Posúe, o premio Galicia en Feminino 2004, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa achega á visibilidade das mulleres no ámbito da dirección, Xociviga de Honra en 2016 ou Premio OUFF Ourense 2023.

Sobre a D.O Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 798,10 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>