Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Acción social destinada á poboación de Verín no marco do proxecto "Eurocidade Termal e da Auga"
Acción social destinada á poboación de Verín no marco do proxecto "Eurocidade Termal e da Auga" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Xullo 2025 09:52

A próxima acción social no marco da programación “Descubre a Eurocidade Chaves-Verín – o outro lado que tamén é noso” terá lugar o día 31 de xullo, mércores, e está destinada á poboación de Verín. Esta edición coincide co primeiro día do Festival N2, no Xardín Público da cidade de Chaves; un festival de renome que reflicte o crecente interese pola Estrada Nacional 2, que conecta Chaves con Faro.


Esta programación, promovida pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT, busca reconectar á poboación local co patrimonio termal e cos recursos culturais e turísticos compartidos entre ambas cidades, reforzando o sentimento de pertenza a un territorio común e fomentando a dimensión transfronteiriza da Eurocidade. A empresa organizadora será Ideias Essenciais Tours e Eventos.

Público destinatario: Xeral de Verín  
Participación: Gratuíta (prazas limitadas) 
O programa inclúe:  


- Transporte  
- Seguro  
- Visitas guiadas con guías acreditados bilingües  
- Xantar  
- Actividades culturais e de benestar  

As inscricións son obrigatorias e poden realizarse en liña a través da seguinte ligazón:  
https://forms.gle/n2q27vT2rGDcBuRw6  

Tamén poderán facerse presencialmente nos seguintes lugares:  
- Sede da Eurocidade Chaves - Verín, AECT 
- Ideias Essenciais Tours e Eventos (Hotel Premium Chaves)  
- Oficina de Turismo de Verín

Todas as accións serán difundidas nas redes sociais da Eurocidade Chaves-Verín e Ideias Essenciais Tours e Eventos. Para máis información, pódese consultar a seguinte páxina web:  


https://eurocidadechavesverin.eu/agenda/atividades-eurocidade/2025/poi/programas-sociais-para-todos-os-publicos-no-ambito-do-projeto-eurocidade-termal-e-da-agua

Esta actividade enmárcase no proxecto “Eurocidade Termal e da Auga”, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>