Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aever presenta a súa nova xunta directiva e as campañas comerciais de decembro
Aever presenta a súa nova xunta directiva e as campañas comerciais de decembro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Novembro 2025 13:41

Esta mañá tivo lugar, na sede da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever CCU), a presentación oficial da nova Xunta Directiva e da nova xerencia da entidade, nun acto no que participou o Concello de Verín, reafirmando así o seu compromiso coa dinamización comercial e co tecido empresarial local.


Durante o encontro, a asociación puxo en valor o traballo desenvolvido pola directiva saínte durante a última década, encabezada por Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, quen exercía como xerente. Pola súa banda, o Concello de Verín súmase ao agradecemento expresado por Aever, recoñecendo o compromiso, a implicación e a colaboración mantida durante estes anos en múltiples campañas e iniciativas en favor do comercio de proximidade.

A nova Xunta Directiva estará presidida por Esther Gómez, quen afronta esta etapa con ilusión, continuidade e vontade de seguir impulsando a actividade comercial da vila. Tal e como destacou a propia asociación, a nova dirección ten unha marcada presenza feminina e representa a diversidade multisectorial do comercio verinés.

Así mesmo, presentouse oficialmente a nova xerente, Lucía Aparicio, que asumirá as tarefas de dinamización, xestión e atención ao asociado, en coordinación coa directiva recentemente constituída. Aparicio toma o relevo de José Ángel Rodicio despois dunha década de labor recoñecido tanto polos establecementos como polas institucións colaboradoras.

Campañas comerciais de novembro e decembro: continuidade e reforzo da dinamización local

No mesmo acto, Aever deu a coñecer as campañas previstas para os meses de novembro e decembro:

Black Friday – 28 e 29 de novembro

O comercio local de Verín súmase de novo ao Black Friday cun enfoque centrado na sensibilización e no consumo responsable no pequeno comercio. Preto de 50 establecementos adheridos ofrecerán vantaxes especiais, e realizarase un sorteo de 4 pasaportes de compra de 50 € entre as persoas que rexistren as compras efectuadas durante a campaña.

“Os 6000 de Verín” – 6ª edición - Do 24 de novembro ao 24 de decembro

A campaña máis consolidada do comercio verinés chega á súa sexta edición, reunindo un ano máis a práctica totalidade dos establecementos asociados. Nacida en 2020 nun momento de incerteza, converteuse nunha das accións de maior impacto e fidelidade entre a clientela.

O 24 de decembro realizarase o sorteo dos seguintes premios:

  • 1 cheque de 2000 €
  • 1 cheque de 1000 €
  • 2 cheques de 500 €
  • 5 cheques de 200 €
  • 10 cheques de 100 €

Esta campaña está ideada e financiada maioritariamente polos propios establecementos, que apostan con forza por unha iniciativa que dinamiza as compras de Nadal e reforza o papel do comercio local como motor económico da vila.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>